{"product_id":"9781541018891","title":"Contos E Lendas Da Lanzada (Galician Edition)","description":"EDICION ESPECIAL DECIMO ANIVERSARIO Nesta EDICION ESPECIAL celebramos o DECIMO ANIVERSARIO da sua publicacion con 6 novos Contos e Lendas ineditos escritos pola autora e tamen e adicada coma agarimosa homenaxe a grande escritora Alba Paz. LIMIAR Un pescador, o Tio Anton, nun veran chuvioso, entreten aos veraneantes, no bar da praia, contando historias, mitos e lendas locais. As narracions son curtas, agudas, insolitas e maxicas. Alusions ao tempo e a vida do Tio Anton danlle unidade ao libro. Os contos e a interaccion amosan as personalidades do Tio Anton e mais o compadre. O ton inicial de comedia decae co personaxe principal e convertese en drama: ao ancian Tio Anton, outrora animador e gran comunicador, na sua vellez ninguen o escoita agas a sua defunta muller. Unha vision mitica do mar inspira historias fantasticas; outras relatan costumes, personaxes e crenzas locais. Tentase plasmar unha estetica popular galega de tradicion oral sobre o tema da comunicacion, e asemade denunciar o illamento e abandono afectivo ao que a sociedade de consumo condena aos vellos. O libro esta dirixido a lectores adultos, de gustos e cultura diversos. Consta de 10 partes: I. Contacontos. Presenta os personaxes, o Tio Anton e o compadre, tamen o escenario. O Tio Anton e mais o compadre dan unidade a narracion nunha estrutura de novela non usual, ainda que con antecedentes notables na literatura espanola; os breves dialogos entre ambos sublinan a personalidade de cada un, os contrastes de crenzas, a retranca e inxenuidade, o realismo e a incoherencia, a credulidade e o escepticismo, subxacentes no subconsciente colectivo galego. O escenario e o bar da praia, que por mor de Arturo, elevase a categoria de mitico. II. Tempos Remotos. Lendas de vaga lembranza. III. Historicas. Combinan datos historicos con fantasia. IV. Milagres. Relatan con humor alguns milagres da Virxe. V. Supersticions. Describe ritos e supersticions ancestrais. VI. Relatos. Sobre costumes e anecdotas. VII. Persoeiros. Personaxes e sucesos insolitos VIII. Fantasticas. Contos baseados nunha interpretacion mitica do mar e da natureza. IX. De amor. De amor e maxicos. X. Ocaso. O tema e a decadencia e a morte. A despedida na praia e o animo do Tio Anton, patente nas historias, introducen o ton de drama e presaxian un traxico final. ESTA EDICION ESPECIAL TEN SEIS CONTOS E LENDAS NOVAS INEDITAS.\u003cbr\u003e\u003cul\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eAuthor: \u003c\/b\u003eAlba Nelida Paz Framil, Leo G.Paz\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003ePublisher: \u003c\/b\u003eCreateSpace Independent Publishing Platform\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003ePublication Date: \u003c\/b\u003eDec 10, 2016\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eNumber of Pages: \u003c\/b\u003e192 pages\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eLanguage: \u003c\/b\u003eGalician\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eBinding: \u003c\/b\u003ePaperback\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eISBN-10: \u003c\/b\u003e1541018893\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e• \u003cb\u003eISBN-13: \u003c\/b\u003e9781541018891\u003c\/li\u003e\n\u003c\/ul\u003e","brand":"CreateSpace Independent Publishing Platform","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":50336443629873,"sku":"9781541018891","price":13.4,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0798\/8215\/8385\/files\/9781541018891__10642.jpg?v=1732171277","url":"https:\/\/www.recomparo.com\/products\/9781541018891","provider":"ReComparo.com","version":"1.0","type":"link"}